foto

foto

Sinto...

Sinto ledicia, tristura, medo, rabia, inseguridade, agradecemento... e teño ganas de compartir as miñas emocións e sentimentos con todos vós, deste xeito, sabendo comos nos sentimos, poderemos poñernos no lugar do outro e comprendelo mellor.

"É a mente a que crea o mundo que nos rodea e aínda cando nos atopemos xuntos, parados na mesma pradeira, os meus ollos nunca verán o que os teus contemplan e o meu corazón nunca se axitará coas emocións que conmoven ó teu".
George Gissing (Novelista inglés)


sábado, 14 de noviembre de 2015

MAGOSTO E SAMAÍN

SAMAÍN

Hai unha semana que celebramos o Samaín. Desde a aula traballamos os sentimentos con vocabulario relacionado co tema:

E deixamos constancia do noso sentir cara aos personaxes propios desta celebración: bruxas, esqueletos, mouchos, fantasmas, morcegos...



domingo, 1 de noviembre de 2015

OS NOSOS PROXECTOS

  Hai uns días que comezamos a traballar nun proxecto: "A carta e o correo electrónico". 

 Comezamos por averiguar que partes ten unha carta e cal é a súa distribución sobre o papel.

  
 Agora estamos organizados en grupos. Os membros de cada grupo expoñemos as nosas ideas para escribir unha carta e, entre todos, decidimos as que consideramos máis axeitadas. Pouco a pouco imos elaborando un esquema coa información que empregaremos.